O Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño invirte 99.992.03€ para o arranxo de camiños en Penaxubeira - Castragude, Cervela-límite do Concello e Vilasouto-Calvos.
A Ministra de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño (MARM), Elena Espinosa e o Conselleiro de Medio Rural da Xunta de Galicia, Samuel Juárez, firmaron hoxe en Ourense un convenio de colaboración en materia de desenrolo rural. O Convenio contempla unha inversión por parte do Ministerio de 18 millóns de euros en infraestructuras básicas e de 9 millóns por parte da Xunta.
Con este convenio o Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño potencia o seu compromiso cunha política intensiva en Galicia de apoio en materia de infraestructuras necesarias para a dotación, conservación e mellora dos servizos básicos elementais; especialmente camiños agrícolas e pistas rurais de titularidade municipal que, dado o grado de fragmentación parcelaria e de dispersión da poboación, supoñen un importante desembolso económico.
No caso do Concello do Incio o Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño asume o custo total do arranxo de camiños en Penaxubeira - Castragude, Cervela-límite do Concello e Vilasouto- por un valor total de 99.903€.
No hay comentarios:
Publicar un comentario