PROPOSTA DO GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA Á XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO CONCELLO DO INCIO 27/01/2010
Por medio do Plan Técnico Nacional da Televisión Terrestre, aprobado polo Real Decreto 944/2005 de 29 de xullo, fíxase para o 3 de abril de 2010 a data límite para o cese das emisións da televisión analóxica terrestre.
Igualmente estableceuse un cronograma de ampliación da cobertura ata alcanzar niveis do 95 e 98 % da población no 2010 cunha serie de fases intermedias xa realizadas.
Os veciños do Incio (moitos de avanzada idade e que viven sós) precisan recibir información próxima sobre os aspectos básicos da Televisión Dixital Terrestre (TDT) unha vez chegue o apagón analóxico, así como dos pasos a seguir para que certos colectivos en risco de exclusión poidan acceder as axudas do Ministerio de Industria para adquirir sintonizadores de TDT.
Por todo o exposto;
O Grupo Municipal do PSdeG-PSOE propón á Xunta de Goberno Local do Concello do Incio:
₋A creación dun punto de información municipal de TDT para informar os veciños/as dos cambios que suporá a implantación da Televisión Dixital Terrestre (TDT) e tamén para prestar asesoramento e tramitar as axudas existentes para a compra e instalación de sintonizadores os colectivos en risco de exclusión.

No hay comentarios:
Publicar un comentario