martes, 12 de enero de 2010

CONTESTACIÓN NOTA DE PRENSA PUBLICADA NO PROGRESO O DÍA 11/06/2010

CONTESTACIÓN NOTA DE PRENSA PUBLICADA NO PROGRESO O DÍA 11/06/2010.

O PSOE DO INCIO INSTA Ó ALCALDE "A QUE SE DEIXE DE PATALETAS"
A Agrupación do PSdeG-PSOE do Incio mostrase sorprendida pola crecente hostilidade do Alcalde en contra do Grupo socialista por canto "O único que estamos facendo ó longo desta nova lexislatura é, aportar obras e ideas ó municipio, cunha actitude colaborativa coa que o Alcalde debería amosarse orgulloso, como así o están os veciños/as do Incio, no canto de cada dous por tres "montar pataletas" mediáticas na procura do protagonismo perdido".
A Agrupación do PSdeG-PSOE do Incio sacou á luz por segunda vez, no mes de nadal a publicación política "O AGUILLÓN". "Publicado dende o respeto, só co ánimo de dar a coñecer o noso traballo a tódolos veciños/as do municipio, que é interrumpido constantemente polo Alcalde que ante a latente falta de ideas e iniciativas, está realizando labores de crítica e oposición, no canto de gobernar dende a serenidade".
"Nós seguiremos exercendo o noso dereito á liberdade de expresión, recoñecido constitucionalmente, no tocante á modificación, rectificación de contidos, ou supresión da nosa publicación a devandita censura só lle corresponderá a un xuíz, máis que lle pese o Sr. Camino".

No hay comentarios: