O servizo de comedor do Colexio de San Clodio será adxudicado o curso que vén a unha Empresa privada porque a Consellería de Educación decidiu suprimir o posto de cociñeiro que mantiña ata agora. O próximo curso haberá tamén recortes de persoal nos colexiois do Incio e Pantón, ainda que nestes casos seguirá funcionando o servizo público de comedor.
Os sindicatos coñecen a decisión da consellería dende finais da pasada semana, cando Educación fixo pública a relación de postos de traballo para o persoal laboral en colexios e institutos públicos. Os responsables do FETE-UXT na comarca de Monforte denuncian que naqueles centros nos que hai aumentos de comensais a Consellería mantén os postos de traballo asinados á cociña, pero nas que hai menos de trinta nenos no comedor o recorte foi "drástico".
FONTE A VOZ DE GALICIA

No hay comentarios:
Publicar un comentario