
Un ano máis celebramos a conmemoración do 8 de Marzo, Día Internacional da Muller e, como cada ano, debemos reivindicar a inxente labor desenrolada por millós de mulleres que contribuiron co seu traballo, esforzo e en moitos casos as suas vidas, á loita pola Igualdade e a defensa dos dereitos das mulleres.
Recentemente celebrouse na cidade de Cádiz o II Cumio Europeo de Mulleres no Poder, coincidindo coa presidencia Española da Unión Europea, e a instancias dos gobernos de España e Reino Unido. Así, se aprobou a xa coñecida como a “Declaración de Cádiz, cara a unha sociedade máis eficaz e sostible” subscrita por ministras e líderes políticas dos Estados membros da UE.
A participación e a representación das mulleres nos niveis máis altos de responsabilidade e toma de decisións é escasa, especialmente no eido da economía e da política. Así, o aumento do nivel formativo das mulleres non se corresponde ca súa presenza nos espazos de toma de decisións, incluídos os postos directivos das grandes empresas e aqueles nos que se xera novo coñecemento.
Este déficit de representación supón, ademais dun déficit democrático unha perda do talento das mulleres para o conxunto da sociedade, especialmente no xa comentado contexto de superación da crise económica e financiera.
Polo tanto, e tendo en conta os importantes progresos destes anos, é necesario continuar avanzando para acadar unha igualdade real e efectiva para todas as mulleres e homes, tamén como resposta sostible para os retos do futuro, especialmente aqueles que se deben encarar na vindeira década.
Por todo o exposto, o Grupo Municipal Socialista do Concello de O Incio presenta a seguintes PROPOSTAS de cara á celebración do DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA:
1. O Concello do Incio comprometese a traballar para asegurar unha participación equilibrada de mulleres e homes en tódolos espazos de responsabilidade desta entidade local.
2. O Concello do Incio poñerá en marcha as accións de sensibilización necesarias para promover a corresponsabilidade de mulleres e homes no eido doméstico.
3. O Concello do Incio incorporará a dimensión de xénero en tódolos Plans, Programas e demáis actuacións que se poñan en marcha dende o ente local, como resposta á crise económica, financieira e de emprego, tendo en conta o distinto impacto que esta ten en mulleres e homes.
4. O Concello do Incio adhírese á “DECLARACIÓN DE CÁDIZ”, cara unha sociedade máis eficaz e sostible, subscrita por ministras e líderes políticas dos Estados membros da UE.
5. Instar ó Goberno da Xunta de Galicia a colaborar de forma activa e contribuír económicamente no desenrolo das medidas promovidas por este Concello con respecto ó Plan de Igualdade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario