jueves, 25 de marzo de 2010

ROGO

O PSOE do Incio propoñerá no vindeiro plenario de abril un rogo dirixido á Alcaldía para que se poña fin á situación de inseguridade que viven algúns veciños/as do Incio en canto ó descoñecemento dos números reais das súas vivendas.
Moitos veciños/as tentaron tramitar o bono social de tarifa eléctrica atopandose co inconvinte da non coincidencia do número das suas vivendas co número que aparece como tal no Concello.
É preciso que dende o Concello se poña fin a esta situación de inseguridade, que facilmente se podería subsanar levando a cabo unha campaña informativa que podería coincidir cun envío postal do Concello ós veciños/as indicando nun recadro o número que realmente lles corresponde as suas vivendas e o Barrio ó que pertencen.
Querer e poder!.

No hay comentarios: