O Pleno ordinario do Concello do Incio aprobou co voto favorable do PP e a abstención do BNG e do PSOE o presuposto para o ano 2010 por un valor de 1.446.037 euros.
O incremento debese á inclusión dos 228.431 euros que recibe o Concello do Incio do Plan E para 2010. Os cales se invertirán na implantación dunha rede inalámbrica para dar servizo de internet os veciños/as do municipio.
Do total do presuposto, un 40% destinase a gasto de persoal e un 28,8 por cento a inversións reales. Dende o Grupo Municipal do PSdeG-PSOE entendemos que "O presuposto é máis equilibrado co do ano pasado no que apenas se contemplaba inversión ainda que nestes orzamentos a inversión vén doutras institucións coma o Plan FEIL, AGADER ou os Plans Provinciais da Deputación. Se tiveramos que contar cos cartos do municipio a inversión sería = 0, xa que o que xenera o Concello vai para pagar os gastos de persoal (cuxa porcentaxe ascendeu), e os bens correntes entre outros".
No hay comentarios:
Publicar un comentario