No día de onte celebrouse no Incio unha charla de UUAA para informar os gandeiros do municipio sobor do sector da carne. Ata ahí todo normal, salvo que os gandeiros tiveron que ter a súa reunión a intemperie dada a falta de sensibilidade do noso rexedor.
UUAA mandou unha carta ó Concello solicitando o local da Cámara Agraria para impartir a charla. Pasaron os días e non houbo contestación. Ata que finalmente dende Alcaldía se contestou que non se concedía o local dado que se estaba celebrando un curso por a Asociación "Ouriceira".
En efecto estase a realizar un curso pero non coincide co horario solicitado amáis na carta de contestación non se lles concede outro local só se di que a Cámara Agraria está ocupada por un curso.
Chegado o día os membros de UUAA con testigos diante, e visto que no local non se estaba a realizar curso algún, foron ó Concello (dado que chuviñaba) para que lles dera as chaves da oficina. O Alcalde non estaba, e a secretaria dixo non poder darlles as chaves sen o seu consentimento.
Os gandeiros finalmente fixeron a charla fóra da Cámara Agraria, pero o mellor estaba por vir: O cabo de media hora (aprox.) o Sr. Alcalde pasa no seu coche por diante da oficina agraria sen tan sequera deterse e, loxicamente vendo a toda a xente reunida no exterior.
Por todo o dito é o colmo as mentiras que unha vez máis verte o Sr. Alcalde (PROGRESO 22/04/2010) tratando de tersiverxar a realidade, pois é mentira que se ofrecera ningún outro local para manter a reunión, por tal motivo os membros de UUAA tiñan localizado xa un bar no Incio para ter a charla no caso de que chovera copiosamente, cousa que finalmente non aconteceu.
No hay comentarios:
Publicar un comentario