domingo, 11 de abril de 2010

O CONCELLO DO INCIO REXEITA LIMPAR CUNETAS

Un total de 57 concellos solicitaron facerse cargo da roza das cunetas das estradas provinciais nos seus municipios, incrementándose o número nunha decena con respecto ao ano anterior, que foran 47, en tanto que no 2008 solicitárono soamente 21, segundo sinalou onte o deputado de Cooperación, Antonio Gato. O constante incremento débese a que a institución lles abona unha cantidade por quilómetro que é superior ao custo que poden ter os organismos locais se realizan o traballo cos seus propios medios ou se o contratan directamente a unha empresa.
Os únicos que optaron porque sexa a Deputación a que se encargue de limpar as estradas provinciais son os de Carballedo, O Incio, Friol, Outeiro de Rei, O Corgo, Sober, Ribeira de Piquín, Muras, Cervo e Lugo. En total, os concellos faranse cargo da roza de 3.498 quilómetros de estradas provinciais e recibirán 620.000 euros, xestionando a institución os restantes, que representan o 17%. Gato anunciou que intentarán facelo en consenso cos alcaldes.
A VOZ DE GALICIA

No hay comentarios: