lunes, 3 de mayo de 2010

A DEPUTACIÓN DE LUGO INVIRTE NO INCIO

A Xunta de Goberno aprobou este venres o Plan de Pequenas Infraestruturas para Concellos de menos de 5.000 habitantes para o ano 2010, e a través do que o organismo provincial realizará obras nestes municipios por valor de 1,2 millóns de euros. Neste anualidade, o Plan experimenta un aumento do 10% co respecto a 2009, de tal xeito que a aportación do organismo provincial é de 800.000 euros e a dos Concellos de 387.329.
Os municipios perceptores destas axudas son os que teñen maior déficit en infraestruturas e servizos e menos recursos, e que polo tanto necesitan máis axuda da Deputación. Cada Concello recibirá unha subvención do 70% ata un máximo de 19.500 euros. O 30% restante será aportado polas entidades locais.
No Concello do Incio invirtese un total de 27.858,04€ que se empregaran para:
REPARACIÓN L.M.T.A ESTACIÓN DE BOMBEO DE SAA, DE 11.413.35€
INSTALACIÓN ELECTRICA IGREXA DE PACIOS STA MARÍA, 3.733,20€
PECHE PERIMETRAL EN DEPÓSITO MUNICIPAL DE FERRALLA, 8.869,00€

No hay comentarios: