miércoles, 30 de junio de 2010

O PSOE DO INCIO LAMENTA QUE O CONCELLO DO INCIO NON SOLICITARA UN OBRADOIRO DE EMPREGO

No pasado pleno celebrado o día 28 de xuño de 2010, á pregunta do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE do Incio sobor de por qué ó goberno local non solicitara un obradoiro de emprego para o municipio através da Orde de 18 de marzo publicada pola Consellería de Traballo e Benestar , a resposta do Sr. Alcalde foi porque non o estimaba oportuno.
Dende o Grupo Municipal do PSOE entendemos que: "Resulta lamentable que dende o equipo de goberno local non se faga unha aposta por dinamizar o municipio levando a cabo políticas que fomenten o emprego no Incio".
Un obradoiro de emprego no municipio, neste momento de crise económica, conlevaría a "colocación" daqueles colectivos que teñen máis dificultades á hora de acceder a un posto de traballo como é o caso dos maiores de vintecinco anos, parados de longa duración, emigrantes ou mulleres.
É importante recordar que os obradoiros de emprego teñen un ano de duración, e a través dun contrato mixto que integra formación- traballo, os participantes no mesmo adquiren coñecementos e formación nunha especialidade requerida polas empresas, para o rematar o ano colocarse con máis facilidade no mercado laboral, e o que é máis importante nese ano cobran un salario.
Tamén hai que incidir na importante pegada social que deixan os obradoiros de emprego no municipio. No caso do Incio puidose apostar por un obradoiro cuxos participantes se encargaran de mellorar os accesos e rutas de carácter cultural do Incio, a preparación de peóns forestais, ou un obradoiro adicado á posta en marcha da Lei da Dependencia e de mellora asistencial dos nosos maiores.
Hai que lembrar finalmente que no último dato do paro rexistrado no Concello do Incio é de 73 persoas desempregadas. Con todo non é "oportuno" incidir en políticas que incentiven e dinamicen o emprego no noso municipio...

No hay comentarios: