jueves, 29 de julio de 2010

NON HAI NIN UN DURO

Non hai nin un duro. Esa é a palabra máis repetida polo Partido Popular. Non hai nin un duro para a creación dun obradoiro de emprego no municipio que puidera xerar postos de traballo e crecemento no Incio, non hai nin un duro para a mellora de infraestructuras necesarias dos pobos (acondicionamento de camiños, fontes, saneamento...), non hai nin un duro para un centro de día no Incio, non hai nin un duro para o acondicionamento do vial LU-642 (estrada que se atopa nun lamentable estado de deterioro sobre todo no treito Hospital-A Ferrería), e o que é máis triste ainda, non hai nin un duro para rematar a estrada LU-641 que une Castroncán con Cruz do Incio e que, lembremos só se vai executar ata o Val do Mao... Entre tanto a Xunta de Galicia anuncia a mellora da praza pública do Incio por un importe superior ós 300.000€ unha vez se derriben duas casas no Incio que "ocultan" parcialmente a casa Consistorial. A esta cantidade hai que sumar os 50.000€ que o Concello aportará das arcas municipais para adquisición dun dos inmobles.
É certa a máxima que di "que todo o que veña para o pobo benvido sexa" pero ¿Realmente ten sentido esta inversión? ¿Non houbera sido mellor atender outras necesidades dos veciños/as prioritarias antes de acondicionar unha plaza para simple ornato?.

1 comentario:

Unknown dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.