viernes, 23 de julio de 2010

REMATA O PRAZO HOXE PARA INSCRIBIRSE NO TORNEO DE FÚTBOL SALA DE LAIOSA

Esta noite (20.00 horas) péchase o prazo de inscrición do torneo de fútbol sala de Laiosa. Unha hora máis tarde celebrarase o sorteo na pista polideportiva no que se disputarán os partidos. O torneo desenvolverase entre o vindeiro sábado e o 5 de agosto.
Aqueles equipos que estean interesados en competir aínda poderán inscribirse durante esta xornada. Ao anotarse teñen que pagar 100 euros, que inclúen tamén os dereitos de arbitraxe. Os interesados deberán de formalizar a súa inscrición nos seguintes teléfonos: 982426394 e 617096686.

No hay comentarios: