viernes, 20 de agosto de 2010

O PSOE DO INCIO PROPÓN A CREACIÓN DUN INVENTARIO DE BENS E DEREITOS

O Grupo Municipal do PSdeG-PSOE vén de presentar unha proposta dirixida á Xunta de Goberno Local para que se tome en consideración a creación dun inventario municipal.
Texto da Proposta:
O Real Decreto 1372/1986 de 13 de xuño polo que se aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locales determina no Capítulo III, Sección Primeria, que:
“As Corporacións Locales están obrigadas a formar inventario de tódolos seus bens e dereitos calquera que sexa a sua natureza ou forma de adquisición.” (ART.17)
Máis adiante o mesmo texto, na citada Sección, dedica varios artigos a diversos aspectos do inventario de bens municipais e, entre outras cuestións, establece que “a rectificación do inventario verificarase anualmente” (ART.33.1) e que “a comprobación se efectuará sempre que se renove a Corporación” (ART. 33.2)
Por último o artigo 34 sinala que será o Pleno da Corporación “o órgano competente para acordar a aprobación do inventario xa formado, a sua rectificación e comprobación”.
Pola sua banda a Lei 33/2003 de 3 de novembro, do Patrimonio das Administracións Públicas, confirma no seu art.32.1 que “As Administracións Públicas están obrigadas a inventariar os bens e dereitos que integran o seu patrimonio, facendo constar, co suficiente detalle, as mencións necesarias para a sua identificación e as que resulten precisas para reflexar a situación xurídica e o destino e uso as que estén sendo dedicados”.
Asemade no artigo 32.4, esa mesma Lei 33/2003 recolle que o inventario patrimonial das entidades públicas incluirá “polo menos, os bens inmobles e os dereitos reales sobre os mesmos”.
Neste intre o Concello carece de datos fehacientes e actualizados dacordo coas normas legais vixentes de todo o seu patrimonio público, tanto referido a bens inmobles, como dereitos reais, vehículos, móbles de carácter histórico ou artístico. Etc.
Este baleiro, ademáis de incumplir a lexislación vixente de maneira flagrante e de constituír por si mesmo un atranco importante no desenvolvemento da administración local, xenera unha situación de inseguridade física e xurídica inaceptable, dado que podería plantexar serias dúbidas ou limitacións con respecto á posibilidade de disposición de certas propiedades municipais, alomenos en determinadas situacións.
Por todo o exposto, propoño á Xunta de Goberno Local do Concello do Incio:
1. Que tome en consideración a posibilidade de proceder á elaboración dun inventario de tódolos bens e dereitos de titularidade municipal, dacordo cos termos establecidos na normativa legal de referencia.
2. Que nos próximos orzamentos municipais se adique unha partida á elaboración do devandito inventario municipal.

No hay comentarios: