viernes, 18 de marzo de 2011

EMPEZA A SELECCIÓN DE SETE TRABALLADORES DO INCIO



A Deputación fixa o 1 de abril como data límite para que estean traballando os seleccionados do Lugo Emprega do Incio
85 persoas iniciaron hoxe as probas do proceso selectivo para optar ós 7 postos de traballo que ofrece o Plan. Os contratados traballarán nas áreas verdes que xestiona SUPLUSA neste Concello

Gómez Besteiro, logo de que o Alcalde rexeitase adherirse a esta iniciativa, ordeou desenvolver un plan específico para evitar que os veciños do Incio quedase discriminados
O organismo provincial publicará a principios da semana que vén os resultados definitivos no taboleiro de anuncios e na web: www.deputacionlugo.org
Os 85 admitidos do Incio iniciaron este venres as probas de selección do Plan Lugo Emprega, co que a Deputación dará traballo a 7 desempregados deste Concello. A Deputación viuse na obriga de desenvolver un plan específico para este municipio logo de que o Alcalde, Ángel Camino, rexeitase a adhesión a esta iniciativa coa que o organismo provincial frea o paro na provincia e aumenta a cooperación cos Concellos. Neste senso, o Presidente do organismo provincial, para que evitar que estas persoas quedasen totalmente discriminadas, ordeou asumir a contratación destes traballadores, a través dunha encomenda de xestión á Sociedade Urbanística Provincial (SUPLUSA) que foi aprobada pola Xunta de Goberno en febreiro.
As probas, ó igual que nos restantes procesos selectivos realizados dentro deste Plan, consisten nun tipo test que dá opción á entrevista persoal. O organismo provincial publicará as cualificacións definitivas a principios da semana que vén tanto no taboleiro de anuncios como na páxina web: www.deputacionlugo.org, de tal xeito que os seleccionados estarán a pleno rendemento, como data límite, o 1 de abril. Traballarán, durante 6 meses no Incio, realizando tarefas de mantemento e mellora das áreas verdes que xestiona SUPLUSA en Vilasouto e o río Mao. É dicir, actuarán no encoro do Val de Lemos que abastece auga a Monforte de Lemos. Ademais, tamén se encargarán do inicio das obras de recuperación da Casona situada na zona coñecida como polígono 1, entre outros labores neste municipio.

Unha situación única

Unha vez aproado en Pleno, co voto en contra do Partido Popular, o Lugo Emprega, o Plan que dá traballo a 711 desempregados na provincia enviou por rexistro unha comunicación oficial a todos os municipios para que se sumasen ó Plan. Neste documento, dábase conta de todos os pasos a seguir, o reparto dos contratados en función da taxa de poboación activa e o número de desempregados de cada municipio, así como que a Deputación se fai cargos dos soldos e os pagos á Seguridade Social. Todos os municipios, con independencia da súa cor política, se sumaron en tempo e forma, agás o Incio, cuxo rexedor amosou a súa negativa enviando unha carta á Deputación na que apuntaba textualmente, que “no es legítimo que se nos pueda exigir que asumamos la responsabilidad de contratar a personal PARA EL QUE NO DISPONEMOS DE TRABAJO, ni que se pretenda “endosársenos” otros para los que no tenemos competencia”.
Pese a darlle dúas oportunidades para que reconsiderase a súa postura e aceptase ós operarios, o Alcalde decidiu prescindir definitivamente destas persoas. Este, xunto coa de Lourenzá, foron os únicos casos nos que os rexedores se opuxeron á creación de novos empregos nos seus municipios.
En total, o organismo provincial inviste na contratación dos 7 desempregados do Incio 76.162 euros. O Plan dispón de 8 millons de euros e non aumenta a débeda pública, pois non foi necesario recorrer a préstamos, nin operacións de crédito. O organismo provincial non só asume o 100% dos custes salariais senón tamén os de indemnización pola finalización do contrato.

No hay comentarios: