sábado, 23 de abril de 2011

O INCIO QUEDA SEN VISITA DO BARCO-MURALLA

Unha vez máis O Incio da a nota ó ser un dos Concellos da provincia que rexeita o Barco-Muralla da Deputación por non facilitar unha localización para a instalación do mesmo. Unha verdadeira pena!!.
O Barco-Muralla é unha aula turística medioambiental que aproveita as celebracións nas que se concentra un gran número de xente para poñer en valor e difundir os atractivos naturais de Lugo.
A Deputación botou o barco en xuño do ano pasado no marco do programa medioambiental Lug02, dotado de 5 millóns de euros, dos que a Unión Europea aporta o 70%. Foi construído por unha empresa de Burela e pintado en Viveiro. O seu interior conta con ordenadores, todo tipo de información medioambiental, así como mobiliario e material náutico que cederon na súa totalidade e de maneira gratuíta as confrarías de pescadores da Mariña e o Concello de Viveiro. Nas localidades nas que recala distribúense dípticos das Reservas da Biosfera, material didáctico, información empresarial e de bolsas de estudos, ademais de vídeos da provincia elaborados polos alumnos da Fundación TIC, dependente do organismo provincial.
O Concello do Incio rexeitou en duas ocasións a posibilidade de que os nosos nenos, maiores e veciños/as do Incio puideran visitar o Barco-Muralla ó non facilitar un lugar para instalación do mesmo. Será que no Incio non hai ningún lugar para a montaxe do Barco??? NON NON a verdadeira razón é que o Barco non vén do lado da gaivota!!!!

2 comentarios:

osdaencomenda dijo...

Sabedes a realidade do conto??? Non foi que o Barco-Murralla non lle deixaran espacio para visitar O Incio, senón que xa via de lexos as sospeitosas manchas da Presa de Vilasouto e temeu que lle encasquetaran as culpas!!! Pobriño Barco!!! non foi culpa túa...o que non sabes é que todo o que sexa informar á xente neste municipio non goza de moi boa fama por parte da planta torta, porque teme que a poñan dereita.
Este comentario llo dedicamos a tódolos que entenden con poucas palabras, porque aínda que o Barco non chegou o noso porto estamos moi ben informados.

PSOEINCIO dijo...

Grazas polo voso comentario. Saúdos.