A Consellería de Traballo establece este ano por primeira vez axudas para a asistencia técnica e formación no caso dos traballadores autónomos. O obxectivo é cubrir as carencias xerenciais dos traballadores autónomos e contribuír á supervivencia da iniciativa empresarial.
Tal e como se recolle no texto da orde a finalidade deste programa de subvencións é promover e axudar a financiar aqueles proxectos empresariais que facilitan a creación do seu propio posto de traballo ás persoas desempregadas. O departamento que dirixe Ricardo Varela destinará un presuposto de case 40 millóns de euros ao longo de 2008.
Os beneficiarios deste programa de axudas son as persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego, que procedan á creación do seu propio posto de traballo, sempre e cando sexan titulares ou cotitulares do negocio ou explotación e se dean de alta no réxime especial de autónomos ou en calquera réxime especial por conta propia da Seguridade Social.
Os traballadores autónomos ou por conta propia poderán ser beneficiarios das axudas deste programa cando formen parte de comunidades de bens ou sociedades civís, sempre que as soliciten a título persoal.
Os traballadores autónomos ou por conta propia poderán ser beneficiarios das axudas deste programa cando formen parte de comunidades de bens ou sociedades civís, sempre que as soliciten a título persoal.
As persoas interesadas en acollerse a este tipo de subvencións poderán solicitalas nos dous meses seguintes á data de alta na Seguridade Social, pero o prazo de admisión de solicitudes remata o 15 de xullo.
Máis información http://traballo.xunta.es).
No hay comentarios:
Publicar un comentario