miércoles, 28 de mayo de 2008

OS CARBALLOS DO INCIO AFECTADOS POR UNHA PRAGA

A Consellería de Medio Rural declarou a existencia da praga da pulguiña do carballo (altica quercetorum) nos bosques de varias zonas de Lugo e da comarca dos Ancares, concretamente nos municipios de Sober, Pantón, Monforte de Lemos, A Pobra do Brollón, Sarria, O Incio, Bóveda e Navia de Suarna.
Xabier Bruña, o xefe de servizo de Montes, explicou que esta declaración, que recolle o DOG (mércores 21 de maio), é o paso previo á aplicación dos tratamentos fitosanitarios para extinguir a praga, porque faculta aos técnicos da Consellería de Medio Rural para acceder ás leiras de propietarios particulares.
As choivas das últimas semanas e a baixada das temperaturas debilitarion ás larvas e freado a proliferación desta praga, polo que non será preciso, polo de agora, iniciar o tratamento dos bosques con fitosanitarios.
A presenza da agriopis aurentaria, máis voraz que a altica, foi detectada hai tan só dous anos na comarca dos Ancares. Cando as larvas eclosionan, o insecto convértese nunha oruga que devora as follas frondosas, co que debilita á árbore, porque non pode realizar as funcións básicas que garanten a súa supervivencia.
Ainda que ningunha das duas pragas implica necesariamente a morte das árbores afectadas, dificultan as suas funcións vitas e atrasan o seu crecemento. No
O departamento recorda aos propietarios das leiras que rexistren árbores queixadas de Altica que deben facilitar os labores de extinción que, con todo, non alterarán os traballos que os productores efectúen nas súas parcelas.

No hay comentarios: