viernes, 23 de mayo de 2008

OS SOCIALISTAS DO INCIO PEDIRÁN A TRAVÉS DUNHA MOCIÓN QUE SE FAGAN FEIRAS ANUAIS NO INCIO

Como lles pasou a tantos pobos e vilas na nosa Galicia a feira do día 22 de cada mes empezou a menguar e hoxe podese dicir claramente que non quedan máis ca uns pulpeiros, alguns tendeiros e os vendedores de verdura.
O noso Concello dispón dun mercado gandeiro que está cerrado por falta de uso, e a posibilidade de reactivar a feira do día 22 tornase case nunha ilusión difícil de acadar.
Dende a Agrupación Socialista pensamos que sería de interese organizar unha feira de ano, e se houbese posibilidade de incorporar productos da terra mellor, carne, queixo, mel, roscas. etc.
En moitos sitios comezaron por pouco e na actualidade veñen a ser estas feiras un verdadeiro acontecemento, só hai que botar unha ollada á nosa Comarca: Láncara ten a feira da Tenreira, Samos a de artesáns e Páramo as Feiras da Primavera.
A celebración dunha feira de ano no Incio implicaría unha fonte de ingresos tanto para os que vende os seus productos, coma para os establecementos que estén situados onde a feira se celebra, conformando así un reclamo máis para que a xente foranea visite o noso Concello, sobre todo se a feira se celebrara nalgún dos meses de verán.

No hay comentarios: