A Deputación de Lugo aposta, por primeira vez, por descentralizar os labores da roza nas estradas de carácter provincial. O Presidente da Deputación, Xosé Ramón Gómez Besteiro, asinou onte un convenioi cos alcaldes de vinteún concellos no que se lles cede a xestión desta actividade, cuxo custo asumirá a institución provincial.
Este convenio afecta a 1.348 quilómetros do total de 4.000 que conforman a rede de estradas provincial. Co fin de conseguir o saneamento das mesmas, a Deputación aportará uns orzamentos de 246.000 euros. Unha vez entre en vigor o convenio, os concellos deben proceder a executar os traballos de desbroce nas vías, para o que teñen un prazo máximo de dous meses.
A Deputación, pola súa banda comprométese a identificar as vías de titularidade provincial ademáis de encargarse do financiamento atendendo tanto aos gastos de contratación como de maquinarias. Tamén poderá levar a cabo revisións dos traballos.
Da comarca de Sarria, adherironse os concellos de Sarria, Láncara, O Páramo e Samos. O Incio polo de agora non se adheriu ó Convenio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario