lunes, 14 de julio de 2008

O INCIO PERCIBIRÁ 17.000 EUROS DA DEPUTACIÓN PARA SUBVENCIONAR PEQUENAS OBRAS

A Deputación de Lugo destina 700.000 euros para subvencionar obras de pequenas infrestruturas en 41 Concellos da provincia de menos de 5.000 habitantes, segundo anunciou o Deputado da Área de Cooperación cos Concellos e voceiro do grupo socialista, Antonio Gato Soengas. A Xunta de Goberno do pasado venres aprobou as bases que rexerán polo procedemento de concurrencia competitiva para concesión destas axudas.
Cada Concello recibirá da Deputación unha subvención de 17.000 euros, o 70% do custe do proxecto; o 30% restante deberán aportalo as Entidades Locais. “Por tanto, cada municipio dipoñerá moi pronto de 22.000 euros para pequenas obras. A esto haberá que engadir os 2.200.000 euros para o plan destinado a entidades asociaitivas e veciñais”.
Esta liña de subvención está destinada ó cofinanciamento de actuacións como recollida de augas pluviais, beirarrúas, edificios, arranxo de parciñas ou espazos de uso común dos veciños, alumeados, ornamentación, ou xardinería.
Antonio Gato tamén destacou que, por primeira vez, as propostas serán valoradas por unha comisión na que estarán representantes dos tres grupos provinciais presentes na Corporación.
Os 41 os municipios que poden acceder a esta convocatoria son: Abadín, Alfoz, Antas de Ulla, Baleira, Baralla, Barreiros, Becerreá, Begonte, Bóveda, Castroverde, Cervantes, Cervo, O Corgo, Folgoso do Courel, Friol, O Incio, Láncara, Lourenzá, Meira, Mondoñedo, Monterroso, Muras, Navia de Suarna, As Nogais, Ourol, Outeiro de Rei, Palas de Rei, Paradela, A Pastoriza, Pedrafita do Cebreiro, Pol, A Pontenova, Rábade, Ribeira de Piquín, Riotorto, Samos, Trabada, Triacastela, o Valadouro, O Vicedo, e Xove.

No hay comentarios: