A Xunta de Goberno deste venres aprobou as subvencións do Plan de obras de pequenas infraestuturas para Concellos de menos de 5.000 habitantes agás os afectados polo canon hidroeléctrico. Son 39 municipios nos que se investirán 908.057 euros, dos que a Deputación achega 607.844. O Deputado da Área de Coopereación cos Concellos, Antonio Gato Soengas, destacou que “por primeira vez todos os Concellos, sen distención de cor política, recibirán unha subvención de 17.000 euros.” O voceiro do grupo socialista lembrou que “estas axudas adxudicáronse despois de que se celebrase unha comisión de avaliación na que estaban todos os partidos, incluído o PP, que votou a favor”.O responsable provincial anunciou que “este acordo remitirase ós Alcaldes, ós que convocaremos proximamente para asinar os respectivos convenios”. Para Gato Soengas “este instrumento de cooperacións cos Concellos é un exemplo de como cambiou a cooperación da Deputación cos municipios da provincia, xa que agora se benefician todos, mentras que antes era o PP o que decidía a quen ían as axudas”.O voceiro do grupo socialista avanzou que “para o ano que vén aumentaranse algo estes recursos tendo en conta o momento actual, no que os Concellos teñen menos ingresos”.Os Concellos que se benefician deste Plan son :Abadín, Alfoz, Antas de Ulla, Baleira, Baralla, Barreiros, Becerreá, Begonte, Bóveda, Castroverde, Cervantes, Cervo, O Corgo, Folgoso do Courel, Friol, O Incio, Láncara, Lourenzá, Meira, Mondoñedo, Monterroso, Muras, Navia de Suarna, As Nogais, Ourol, Outeiro de Rei, Palas de Rei, A Pastoriza, Pedrafita do Cebreiro, Pol, A Pontenova, Rábade, Ribeira de Piquín, Riotorto, Samos, Trabada, O Valadouro, O Vicedo, e Xove.
Na xuntanza de hoxe tamén se aprobou a adxudicación definitiva por 93.055 euros do servizo de roza nos Concellos de Paradela, Antas de Ulla, Palas de Rei, Friol, O Incio , O Corgo , Guntín e Portomarín;
No hay comentarios:
Publicar un comentario