A Consellería de Política territorial invertirá 200.000 euros no acondicionamento e mellora dun vial no municipio do Incio. As obras de mellora, serán en aproximadamente tres kilómetros de distancia na LU642 que une a Cruz do Incio coa Igrexa de Hospital punto kilómetrico 15 a 17.110. As obras consistiran na limpeza do vial, ensanche dun metro (pasa de 5 a 6 metros), capa de asfalto en quente, reposición de señalización vertical e horizontal e pintura.
Dende a Agrupación Socialista do Incio amosamos o noso contento pola inversión de Política Territorial, que se traduce unha vez máis no firme compromiso do Goberno da Xunta de Galicia co noso municipio. Lonxe quedan as críticas do rexedor popular que tildou a obra como de mantemento, dúbidamos os socialistas do Incio que se fagan obras de mantemento por valor de 200.000 euros...
No hay comentarios:
Publicar un comentario