martes, 16 de diciembre de 2008

A NEVE CHEGOU Ó INCIO

IMAXE NEVADA DUN COCHE NO INCIO



PAISAXE NEVADO NO INCIO


A neve deixou unha fonda pegada no noso municipio, enchendo de neve os nosos camiños, tirando árbores na estrada, e dificultando o tránsito polas vías do Incio. Poucos foron os atrevidos que no día de onte circularon polas estradas do Incio, só os que dispoñían de tractores ou vehículos de dobre tracción.
Ó problema de transitar polas vías do Concello uniuse a falta de suministro eléctrico e teléfono que sufriron os veciños do Incio, avería que no día de hoxe en moitos fogares ainda non fora reparada.
Os nenos do Incio tampouco asistiron as clases.
Por fortuna, o tempo parece remitir e o sol xa se deixaba ver en parte do Incio, ainda que hai moitos arbores que caeron no camiño, e lugares nos que ainda non se circula con normalidade a situación tende a mellorar.

No hay comentarios: