A Xunta de Goberno da Deputacion aprobou este venres as bases do Plan de Pequenas Infraestruturas para Concellos de menos de 5.000 habitantes para o ano 2010, e que conta dun investimento de 800.000 euros. Este ano o Plan experimenta un aumento do 10% co respecto a 2009, e inclúese dentro do Plan Estratéxico de Subvencións que foi aprobado no Pleno de xaneiro e que ascende a 14 millóns de euros.
Esta foi unha iniciativa que puxo en marcha o actual equipo de goberno en 2008 e o resultado foi moi satisfactorio porque todos os municipios, agás os que están afectados polo canon hidroeléctrico, que reciben outros investimentos por parte da Deputación, vense beneficiados destas axudas.
Cada Concello recibirá unha subvención do 70% ata un máximo de 19.500 euros. En total, beneficiaranse desta liñas de cooperación aqueles municipios que teñen maior déficit en infraestruturas e servizos e que, polo tanto, necesitan máis axuda da Deputación. O voceiro provincial socialista, Antonio Gato Soengas, subliñou que “cando se dá a unión de dúas administracións, Deputación e Concellos, ponse de manifesto a vontade de avanzar e de sumar recursos. A cantidade que se outorgaba nas outras convocatorias era de 17.000 euros, polo que aumentamos a cantidade en épocas de crise e facémolo en pequenas infraestruturas que son difíciles de encaixar noutros Plans que o organismo provincial ten en marcha ou mesmo da propia Xunta. A Deputación establece unha vez máis un vínculo de colaboración con todos os municipios da provincia sen discriminación de cor político”.
Os Concellos que se acollen ó Plan son 41: Abadín, Alfoz, Antas de Ulla, Baleira, Baralla, Barreiros, Becerreá, Begonte, Bóveda, Castroverde, Cervantes, Cervo, O Corgo, Folgoso do Courel, Friol, O Incio, Láncara, Lourenzá, Meira, Mondoñedo, Monterroso, Muras, Navia de Suarna, As Nogais, Ourol, Outeiro de Rei, Palas de Rei, A Pastoriza, Pedrafita do Cebreiro, Pol, A Pontenova, Rábade, Ribeira de Piquín, Riotorto, Samos, Trabada, Triacastela, O Valadouro, O Vicedo, Xermade e Xove. Grazas a esta iniciativa en 2009 investíronse 721.000 euros en obras nos Concellos máis pequenos da provincia. Desta cantidade, o organismo provincial achegara 607.000 e o resto foi aportado polas entidades municipais.

CONCELLO DO INCIO
Grazas a esta liña de axudas da Deputación de Lugo o Concello do Incio puido executar desbroces en camiños públicos no ano 2008 e, obras de acondicionamento do entorno do Centro Cultural de San Eufrasio e acceso a Cereixido no ano 2009.
No hay comentarios:
Publicar un comentario