 O centro de recría de Castragude (O Incio), xestionado pola cooperativa sarriá Agrogandeira é o principal modelo que vai estudar a Deputación Provincial para construír o primeiro centro público de España destas características na Granxa Gayoso Castro. O proxecto xa foi aprobado polo Concello de Castro de Rei e remitido a Urbanismo para que a Xunta conceda os permisos necesarios.
O centro de recría de Castragude (O Incio), xestionado pola cooperativa sarriá Agrogandeira é o principal modelo que vai estudar a Deputación Provincial para construír o primeiro centro público de España destas características na Granxa Gayoso Castro. O proxecto xa foi aprobado polo Concello de Castro de Rei e remitido a Urbanismo para que a Xunta conceda os permisos necesarios.O orzamento deste proxecto ascende a 10 millóns de euros e triplicará a capacidade dos 14 centros que existen actualmente en Galicia ao contar cunha capacidade para albergar a 3.000 novillas.
A explotación de Castragude ten capacidade para preto de 250 xovencas e ocupa unha propiedade de 4 hectáreas. Dispón de dúas naves, a primeira na que as reses permanecen ata os seis meses e a segunda na que están ata os 16, aínda que algúns gandeiros xa as retiran antes. Está en funcionamento desde o ano 2002 e dá servizo a gandeiros de toda a comarca. Actualmente ofrece servizo a 15 explotacións de Samos, Láncara, Sarria e O Incio. O custo diario de cada animal aproxímase aos dous euros, polo que cada res gasta mil euros durante toda a súa estancia no centro.
Estes datos, segundo os cálculos efectuados polos técnicos da Deputación, supoñen que o novo centro converterase nun proxecto revolucionario xa que non só permitirá abaratar os custos aos gandeiros da provincia, senón que satisfará a demanda, xa que os centros de recría que existen actualmente non son suficientes para atender as peticións do sector.
José Ramón Gómez Besteiro estivo acompañado na súa visita por representantes das principais cooperativas agrogandeiras da comarca, cos que mantivo unha reunión na que lle trasladaron os principais problemas que lles afectan.
FONTE A VOZ DE GALICIA
 
No hay comentarios:
Publicar un comentario