A área de vías e obras da Deputación de Lugo, dirixida por o socialista Manuel Martínez invertirá uns 2 millóns de euros na rexeneración duns 60 kilómetros da rede provincial con distintos tipos de aglomerado asfáltico para comprobar cal ofrece mellores resultados.
A maioría das obras faranse en mezcla quente, pero tamén se probará en frío e semiquente. As obras que se pretenden acometer correspondense co arranxo de vías de maior intensidade de tráfico e obras incluidas no Plan de Obras e Servizos.
As obras a executar conlevan o ensanchamento das vías, de modo que as calzadas sexan de media de 6 metros de ancho, aproveitando o ancho completo para que non sexa necesario expropiar.
O Incio tamén se beneficiará desta inversión pois arranxarase o tramo da LU-546 o seu paso pola Cervela no punto kilómetrico 2.3 ata 3.6.
No hay comentarios:
Publicar un comentario