viernes, 28 de marzo de 2008

A DEPUTACIÓN DESTINA 62.000 EUROS PARA MELLORAR OS ACCESOS A VALDUZ E TEIMOI

A Corporación da Diputación Provincial celebrou o pasado martes día 22 de marzo do 2008 un pleno ordinario, no que aprobou por unanimidade, o Plan de Cooperación de Obras e Servizos para o ano 2008, que supón unha inversión de sete millóns de euros nos municipios lucenses, entre eles o noso. O Incio contará con 62.000 euros para mellorar o acondicionamento e mellora dos accesos as poboacións de Teimoi e Valduz.
A aprobación foi un simple trámite, xa que o debate dos criterios de reparto se desenrolou no pleno do mes de febreiro. O Partido Popular votou a favor, pero matizou que non compartía os baremos, como xa manifestara na sesión anterior.
Estos criterios fixanse por vez primeira na carga fiscal dos municipios, que supón un 15% do baremo que se utilizou para o reparto dos fondos. Os outros datos que se tiveron en conta foron a poboación de cada concello (40%), a superficie (20%) e os núcleos poblacionais (25%).

No hay comentarios: