lunes, 28 de abril de 2008

CEN VACAS QUEIMADAS NUN INCENDIO NO INCIO


Máis dun centenar de vacas resultaron seriamente feridas nun incendio que se ocasionou onte no Incio, no lugar de Castragude, no que ademáis morreron catro reses.

O lume foi ocasionado fortuitamente, por mor dunha chispa dun tractor, que queimou con rápidez o teito da nave que alberga máis de cento vinte vacas leiteiras.

Os danos que sufriron os animais deberonse sobre todo ó material aislante do teito da nave, a espuma ardendo caeu sobre as vacas e as pacas de herba seca, causandolles queimaduras de gravidade a moitas delas.

Para a extinción do incendio foi necesaria a utilización do camión antiincendios do Concello, unha carroceta municipal e varias cisternas que foron aportando os veciños nun intento desesperado de reducir as llamas.

Os danos ainda non foron precisados. A estructura da nave non sufriu danos, pero o teito terá que reporse totalmente. Según un dos 15 socios que gardan alí o seu gando, as perdas polas reses serán cuantiosas porque "son moi boas".


No hay comentarios: