A agrupación do PSdg-PSOE do Incio tentou manterse ó marxe do cruce de acusacións que se están levando a cabo, entre o BNG e o Alcalde do Incio, sobor da aplicación da Lei 3/2007 de prevención de incendios forestais. Pero nós, non podemos seguir mirando para outro lado, cando se están producindo feitos que poderíamos calificar de delito, acometidos polo noso rexedor.
Primeiro, as cartas certificadas que de xeito aleatorio nos foron chegando para dicirnos que tiñamos que desbrozar, cun prazo erroneo para o seu cumprimento. O segundo paso foron o cruce de acusacións Consellería - Concello, no que se acusaban uns de falta de apoio institucional e perda de subvencións de ata 351.000 euros e o outro, Anxel Camino, de manía persecutoria á sua persoa. ¿A última? A última foi que o BNG convocou moi necesariamente unha charla co Delegado de Medio Rural para explicar se había ou non que desbrozar, e o noso Alcalde, con moito medo ... ¿Qué se lle ocorreu? Mandar cartas en sobres do Concello, con papel timbrado do Concello e firmando como Alcalde-Presidente, poñendo de volta e media á Consellería, pero o mellor de todo é que só llas mandou a uns pouquiños e con mensaxeiro e todo (confiemos en que o mensaxeiro o esté facendo de balde), porque logo di que é o Alcalde de tod@s ... en fin ...
O peor é que nós veciñ@s do Incio non entendemos por qué motivo noutros Concellos se está aplicando a mesma lei, e non existe por ningures este clima de crispación que se vive no Incio, porque ó final os perxudicados somos nós. Dende A Agrupación Socialista pedimos máis seriedade e máis apoio por parte do noso Alcalde, que en vez de gastar os nosos cartos en propaganda, os gaste axudando os veciños do Concello. Que non se diga que o Incio é o pobo sen Lei!!!... onde cada quén fai o que lle peta!!.
No hay comentarios:
Publicar un comentario