A Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, tramita modificacións en varias liñas de autobuses que afectan á Comarca de Sarria motivadas pola reducción do número de viaxeiros. Os cambios están a exposición pública tanto no Concello de Sarria coma na delegación provincial da Consellería para consulta dos interesados.
O Alcalde de Sarria, Claudio Garrido, explicou que as modificacións previstas nalgúns casos implican o cambio de horario e noutros a supresión dalgunhas liñas.
No noso Concello afectalle os servizos realizados por David Álvarez, na liña que fai o percorrido Sarria-O Incio-Cabude.
FONTE. O PROGRESO.
No hay comentarios:
Publicar un comentario