
O PSdeG-PSOE do Incio apoiou coa sua presenza ós pais e nenos do Incio que onte se reivindicaron xunto con outros afectados pola supresión da ESO nos seus respectivos Concellos: Portomarín, Paradela, Samos, Abadín, Triacastela e Baleira.
Os sete grupos concentraronse na Praza Maior, e dende alí, as 12:00, iniciaron o seu percorrido pola Rúa da Raíña, pasando por diante da Deputación, ata desembocar finalmente diante do Edificio Multiusos da Xunta de Galicia, no que un representante dos Pais afectados, leu un manifesto no que se lle pediu ó Delegado de Educación e a Conselleira que reconsiderase a sua decisión, e que se volvera estudar a fondo a decisión adoptada.
O Delegado de Educación, Luis Álvarez, recibiu ós representantes das ANPAS, pero mantivose firme na decisión tomada, sen embargo, deixou aberta a porta para que se lle presentaran todas as alternativas que sí puideran ser viables no prazo de 48 horas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario