miércoles, 2 de abril de 2008

O INCIO APOIA A PETICIÓN DO SEGUNDO XUZGADO DE INSTRUCCIÓN EN SARRIA

A Corporación de O Incio aprobou onte por unanimidade, ó longo dun pleno ordinario, solicitar a creación dun segundo xuzgado de instrucción en Sarria, a petición do Foro Xurídico Sarriao "Diego Pazos".
Ó igual que aconteceu ata a fecha nos Concellos de Paradela e Sarria, O Incio sumouse a esta reivindicación, motivada pola carga de traballo que soporta o xuzgado sarriano e que o leva a estar "desbordado".
A sesión ordinaria celebrouse como é habitual no Incio, as 8:30 horas, coa asistencia de tódolos membros da corporación. A solicitude do segundo xuzgado foi o asunto máis relevante dun pleno na que a portavoz socialista, Laura Celeiro, presentou unha moción para pedir a instalación do alumeado público nun barrete de cinco vivendas coñecidas como Corredoira, dixo, e situado no tramo final da rúa Ánxel Fole.
A moción non foi aprobada porque, según argumentou o alcalde, Ánxel Camino, tratase de so urbanizable, no que a instalación destos servizos lle corresponde ós propietarios que queiran urbanizar e porque habería que colocar farolas en so privado e non público.
No apartado de rogos, o grupo socialista interesou o arreglo da entrada dun veciño da rúa Foilebar, tamén desestimado por tratarse doutra propiedade privada, según o rexedor. O PSOE formulou outro rogo referente á escasa visibilidade dun cruce sito no lugar de Reboiro, punto para o que pediu a colocación dun espello.
Camino señalou que a medida non resulta operativa dado que é habitual a rotura destos espellos para a circulación, polo que propuxo outra solución, que pasa por negociar cun veciño que ten propiedades nesa zona para que ceda o terreo no que facer un rebaixe que facilite a visibilidade.
Fonte: EL PROGRESO

No hay comentarios: