viernes, 4 de abril de 2008

O INCIO CEDERÁ UNHA FINCA PARA PISOS PROTEXIDOS

O Concello do Incio incoou un expedente administrativo para a cesión gratuita á Consellería de Vivenda e Solo dunha parcela municipal de 2.515 metros cuadrados para a construcción de varias vivendas de promoción pública.
O expedente que se encontra en información pública por prazo de 15 días, tralo cal se convocará un pleno extraordinario para aprobar a cesión do terreo a Vivenda e poder firmar o Convenio de Colaboración entre ambas entidades para a construcción do que serán os primeiros pisos de promoción pública no Concello, cuxo número está por definir.
A parcela que se ofrecerá á Xunta de Galiza atopase na finca Rodeiro de A Cruz do Incio, tratase dun solar que no seu día foi cedido ó Goberno Central para a creación dun cuartel da Garda Civil.
FONTE: EL PROGRESO

No hay comentarios: