viernes, 25 de abril de 2008

O PLENO DO INCIO ACORDA POR UNANIMIDADE CEDER UN TERREO A VIVENDA

O pleno extraordinario celebrado onte, acordou por unanimidade, ceder un terreo á Consellería de Vivenda e Solo para a construcción de vivendas de promoción pública.
A cesión conleva ímplicitos unha serie de condicionantes, que deberá cumprir o Goberno autonómico para que teña valor.Entre eles figura que a cesión se fai por cinco anos. Transcurrido ese tempo, e no caso en que non se realizaran as obras, o terreo revertirá novamente ó Concello, que a sua vez se compromete a dotar de saneamento e outros servizos de urbanización. Polo momento, non se sabe cántas vivendas terá.
A Xunta, pola sua parte, deberá ceder o 10% da edificación ó Incio, ben en forma dun local, ou dalgunha das vivendas que se creen.
Tamén se acordou a aprobación provisional para acometer a modificación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), no entorno de Monteagudo, coa finalidade de que varios veciños poidan desenrolar un proxecto consistente na creación dunha Sociedade Agraria de Transformación. (SAT)
O cambio conleva que esta zona pase de estar calificada como solo rústico de especial protección paisaxística a ter especial protección agropecuaria.
Finalmente, e tamén por unanimidade, se aprobou unha moción para mostrar o rechazo do Incio á supresión do primeiro ciclo da ESO e solicitar a conversión en CPI dos seus CEIPs.

No hay comentarios: