sábado, 19 de abril de 2008

¿SABÍAS QUE BENIGNO MOURE É FILLO PREDILECTO DO INCIO?


Saca esa cara de susto!! Sí, Sí, non é broma o cura Benigno Moure que preside a Fundación San Rosendo, sí o que ten moitas, moitas residencias de Anciáns, sí a que hai no Incio é unha delas, sí, ese mesmiño, o que agora está afrontando unha demanda por estafa e apropiación indebida do patrimonio dunha anciá de 82 anos, que pasou cinco anos nunha das suas residencias dos "Gozos", e morreu sen patrimonio, porque un cura espelido se encargou de sacar das suas contas casi 600.000 euros e de vender 8 propiedades, pois ese home, Benigno Moure, é fillo predilecto do noso Concello.
Foi en abril do 2003 cando, un avispado Camino Copa lle entregou a medalla de ouro do municipio, a máis alta condecoración. O noso rexidor argumentaba, por aquel entón, que se lle facía entrega deste título, por o intenso labor prestado por Benigno Moure como Presidente da Asociación San Rosendo.
Aquel día de abril que entre tanta pompa se honraba a Benigno Moure, coa presenza de altos cargos do Partido Popular, entre eles Manuel Fraga e Cacharro, delegados e outras autoridades, nas portas da Casa Consistorial había outro cura (socialista por certo), Ángel, que xunto cun grupo de veciños/as do Incio se estaban manifestando pacíficamente mentras berraban ó unísono ¡NUNCA MÁIS!...
Agora é o momento de replantexarse se Benigno Moure merece a condecoración ou non? Quizáis o noso Alcalde teña que elixir mellor as suas amizades...

No hay comentarios: