O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, anunciou hoxe un complemento autonómico para as pensións non contributivas que beneficiará a 50.000 persoas. Será abonado no segundo semestre de 2008 nunha paga única de 200 euros.
Pérez Touriño asegurou que este complemento anual de 200 euros significará un incremento do 4 por cento na pensión de cada preceptor.
Esta decisión, que responde "a un compromiso asumido no pasado debate orzamentario", alegou, suporá unha inxección de 10 millóns de euros que, segundo explicou o xefe do Executivo autonómico, repercutirá na economía galega posto que axudará a "revitalizar o consumo".
No actual contexto de desaceleración, sinalou o titular da Xunta, este esforzo responde a principios "irrenunciables de xustiza e equidade" porque son as persoas con menos recursos, especialmente "os beneficiarios de pensións mínimas", os que máis sofren "o encarecemento dos alimentos e da vivenda", dixo.
Neste sentido, destacou que a política social "pode converterse nun eficaz instrumento para atenuar o impacto da desaceleración", á vez que subliñou que "os colectivos máis desasistidos son os máis vulnerables" na actual situación económica.

No hay comentarios:
Publicar un comentario