miércoles, 21 de mayo de 2008

O ALCALDE DI NON A CELEBRACIÓN DUN PLENO INFANTIL NO INCIO


A Agrupación Socialista do Incio pedía recentemente ó Alcalde, a celebración dun pleno infantil na casa Consistorial, e xa temos resposta por parte de Don Ángel Camino Copa, a resposta é ben sinxela NON. ¿Qué aduce o noso rexidor?

No escrito remitido refirese ó esforzo que se está facendo dende a Alcaldía para cos nen@s do Incio, que se lles financia a piscina a Monforte, que se agora vai a ver clases de inglés, que se lles axuda cos gastos da viaxe de fin de curso... para concluir dicindo que os nen@s do Concello terán tempo cando sean maiores de participar en plenos e debates políticos.

Dende a Agrupación Socialista entendemos que tódalas actividades ás que se refire o noso Alcalde son beneficiosas para os nosos nen@s, e que apoiaremos todas aquelas iniciativas que redunden no benestar dos pequen@s do Concello, pero que se fagan unhas actividades non significa que outras queden sen facer, e máis cando éstas non implican coste algún para o Concello.
A idea do pleno infantil, xurdiu como unha iniciativa para que os máis cativos puideran coñecer o funcionamento democrático da sua institución máis próxima: o seu Concello. Dende esta Agrupación puxemonos en contacto co Director do Centro que amosou a sua boa disposición en colaborar co proxecto.
Agora por desgraza atopamonos co NON do Sr. Alcalde un NON inxustificado
Será que o noso Alcalde tiña medo de que saira algunha futura promesa política do pleno e lle puidera arrebatar a Alcaldía o día de maña??...

No hay comentarios: