viernes, 23 de mayo de 2008

OS PAIS DO INCIO VIAXAN A SANTIAGO PARA PEDIR QUE SE MANTEÑA A ESO NO CONCELLO

Era cedo onte pola maña, cando os pais do Incio (non todos) estaban sobor das 9:30 agardando polo autobus nas portas do Colexio "Ricardo Gasset", un bus que os levaría a Santiago para diante da sede da Consellería de Educación protestar pola supresión do primeiro ciclo da ESO no Concello.
Os pais do Incio non estaban sós na sua loita, representantes doutros 6 colexios (Samos, Abadín, Portomarín, Paradela e Baleira), tamén se manifestaban na explanada que hai diante de San Caetano.
Pouco despois das 13 horas decidiron dar unha volta ó redor do edificio, que rodearon por completo formando un corro e xirando ó redor ó longo de varios minutos.
Os pais pretendían con esta concentración, conseguir que a Conselleira de Educación, recibise de primeira man ós representantes dos pais e escoitara de primeira man as suas demandas. Deste xeito, conseguiron que o próximo mercóres sexan recibidos polo secretario xeral de Educación, Benito Fernández e pola Directora Xeral de Innovación, María Xosé Pérez.
Os manifestantes regresaron cansados ós autobuses para volver á casa, mentras comían un "bocata" polo camiño.
Os do Incio chegaron sobor das 4:30 ó punto de partida, cansos pola viaxe, foi para eles como unha xornada escolar. Baixaron do bus, e estabanos esperando, a moitos deles os seus fillos, e só por eles seguirán loitando ata o fin...

No hay comentarios: