
Os mozos/as do Concello do Incio estamos desexando que por parte desta Alcaldía se fagan as xestións oportunas perante a Administración competente para que pronto a imaxe que da pe a esta noticia se faga realidade no noso municipio.
No Incio as conexións a Internet son pésimas, unicamente é posible coa conexión por banda estreita onde a pesar de pagar unha cuantía bastante considerable a compañia de telefónica, a conexión é lenta e a desesperación faise patente cada vez que queres descargar un arquivo.
Na era das novas tecnoloxías, e agora que o noso Alcalde parece disposto a mellorar a páxina web do Concello dotandoa de novos contidos (andivemos os socialistas detrás), e que cada vez máis se fai necesario o uso de internet para ver calqueira lista da Xunta, subvención, etc... A Agrupación Socialista do Incio insta ó Sr. Alcalde para que firme o correspondente Convenio coa Administración e deste xeito os Incianos poidamos ter unha máis rápida e mellor conexión a internet.
Só temos que botar unha ollada os veciños/as de Samos, que xa levan a navegar con Internet dende hai meses... Claro que tamén influe ter na cabeza un Alcalde Socialista coma Xulio Galego, preocupado de que os salmonenses se suban o carro das novas tecnoloxías...
No hay comentarios:
Publicar un comentario