
Entre os moitos visitantes que ten o embalse de Vilasouto, sito no noso Concello, hai un moi especial que se converteu no centro de controversia entre os pescadores e os asiduos deste fermoso paraxe: A coñecida como cyprinus carpio, coñecida como carpa.
Este pez ciprínido de corpo alongado e macizo, que pode desenrolar grandes escamas, non chegou por casualidade ó pantano, senón que foi o resultado da acción do home, concretamente da Consellería de Medio Ambiente.
E agora, a polémica está servida para todos: Dunha banda os que opinan que este tipo de actuacións se fan dun xeito irresponsable, e por outro lado, o polo positivo: os amantes da pesca deportiva.
Sexa como sexa, indiscutiblemente, este feito está fomentando a presenza dun maior número de visitantes ó estanque, atraídos pola vistosidade dese vertebrado acuático, de enorme vistosidade para o público e moi atractivo para o pescador.
No hay comentarios:
Publicar un comentario