miércoles, 18 de junio de 2008

CASE UN MILLÓN DE GALEGOS SE BENEFICIARÁN DA DEDUCCIÓN DE 400 EUROS

O Ministerio de Economía e Facenda calculou que preto dun millón de contribuíntes galegos beneficiaranse da medida de impulso da actividade económica que supón unha rebaixa de 400 euros e que se comezará a aplicar na nómina do mes de xuño.
Máis de 100.000 contribuíntes obterán unha cota cero no Impostos sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF). Este concepto refírese aos traballadores ou pensionistas que unha vez percibidos os 400 euros ó longo do 2008 terán unha rebaixa da totalidade do imposto.
A rebaixa das retencións será efectiva nas nóminas do mes de xuño cunha minoración na retención de 200 euros, de tal forma que os 200 restantes se prorratearán nos seguintes meses ata fin de ano, mediante a aplicación dun menor tipo de retención.
Máis información: http://400euros.meh.es/

No hay comentarios: