lunes, 23 de junio de 2008

OS SOCIALISTAS DO INCIO VIAXAN A SANTIAGO PARA FESTEXAR OS TRES ANOS DE GOBERNO SOCIALISTA

PSdeG-PSOE celebrou onte con máis de 2000 militantes o terceiro aniversario das eleccións do 19 de xuño, as eleccións do cambio, e ata alí se desprazaron os militantes socialistas do Concello do Incio.
Foi un acto festivo de agradecemento profundo á militancia do partido polo seu intenso traballo, e no que Touriño se comprometeu a "gobernar coa mesma intensidade e entusiasmo ata o último minuto de lexislatura", e sobre as dificultades polas que está a pasar a economía o Presidente da Xunta resaltou que o Goberno galego puxo en marcha xa no mes de xaneiro un Programa de Dinamización que inclúe máis de 1750 millóns de euros de lictación de obra pública, e máis de 750 millóns de euros de financiación a disposición dos empresarios. Touriño afirmou que "Galicia está forte e preparada para facer fronte ás dificultades", e asegurou que non fallará aos máis afectados pola suba dos combustibles, entre os que citou a pescadores, agricultores e transportistas.
Os discursos de Touriño e Varela foron precedidos pola intervención de Tamara Canosa, Secretaria de Organización das Xuventudes Socialistas de Galicia e actriz, e a actuación musical do grupo Folk Ruote.

No hay comentarios: