O Concello do Incio ó igual ca outros seis concellos da provincia de Lugo (Abadín, Portomarín, Samos, Triacastela, Baleira e Paradelak) viuse afectado pola decisión da Consellería de Educación de suprimir a ESO no municipio.
Despois de manifestacións en Lugo e incluso a Santiago, e dada a postura adoptada pola Consellería que se amosou inflexible na sua decisión, os pais do Incio, están a espera de que lles citen en Educación para que podan expoñerlles as melloras que necesiten en canto o que compete ó transporte, así como a posibilidade de entrar máis tarde ós centros que lles corresponden para que os nen@as que viven lonxe non teñan que levantarse tan cedo. Tamén intentarán que se mellore o servizo de comedor.
Os representantes dos pais manifestaron que nas suas últimas entrevistas co delegado provincial e o director xeral lles prometeron que ian quedar satisfeitos coas melloras que lles ofrecían. Deste xeito para o vindeiro curso escolar os nen@s do Incio incorporaranse ó Xograr Alfonso Gómez de Sarria.
No hay comentarios:
Publicar un comentario