lunes, 2 de junio de 2008

OS MOZOS DO INCIO QUEDAN SEN NOITEBÚS

Os mozos/as do Incio quedan sen noitebús porque o Concello do Incio non se preocupou de solicitar tan sequera o servizo á Consellería de Política Territorial.
O servizo do noitebús recordemos, xurdiu como unha aposta da Consellería de Política Territorial para reducir a siniestralidade nas estradas, especialmente entre a xente nova durante os desprazamentos nocturnos en períodos de fin de semana e festivos.
Para este ano, a Consellería abriu unha nova liña de axudas dotada con 4,2 millóns de euros (o triple que en 2007) que estará en vigor ata o primeiro semestre do 2009. A Dirección Xeral de Transportes recibiu case un cento de solicitudes para a implantación de rutas Noitebús, que se corresponden con 44 concellos e 55 empresas de transporte.
O Concello do Incio, non se atopa na lista debido a que non se solicitou esta medida e o prazo de solicitude xa expirou, nin tan sequera se fixo un estudo ou enquisa entre os mozos/as do Incio para averiguar se sería ou non viable no Incio, e moito menos, se plantexou a posibilidade de que un microbus puidera trasladar á xuventude do Incio nas suas saidas os fins de semana a Sarria ou Monforte.
A mocidade do Concello poderían optar por viaxar máis tranquilos e despreocupados, todos xuntos e tamén sería un descanso para os pais sabendo que os seus fillos volven á casa nun medio seguro, bágoa que o noso Alcalde non o entenda así.

No hay comentarios: