
A festa comezou ás 14:00 horas no pabellón do Colexio público Ricardo Gasset, onde avós e netos agardaban para que se abriran as portas do polideportivo e comezar a degustar o xantar. Empanada, pulpo e carne o caldeiro foron os pratos que os incianos puideron disfrutar.
Ó longo do acto sortearonse regalos, e tamén se premiou a Brígida Trabado Cedrón de 97 anos, con domicilio na residencia do Incio e a Antonio Gómez González de 98 anos e veciño de Rubián de Cima. A éste último fixolle entrega do seu agasallo a voceira socialista no Incio, Laura Celeiro.
Aproximadamente ás 17:30 horas comezou a tocar a orquesta "Alto Standing" e foron moitos os atrevidos que combatendo a ventisca do Incio, bailaron por horas ó ritmo das cancións do verán.
No hay comentarios:
Publicar un comentario