
A finais do mes de xuño os nen@s do Colexio Ricardo Gasset do Incio, como cada ano, rematan o curso escolar, comenzando deste xeito un largo período vacacional ata o mes de setembro. E o que é ledicia para os nen@s convertese en preocupación para os pais, que non saben en qué invertir tanto tempo libre dos fill@s, ben porque os pais traballan e non dispoñen dunha persoa que os atenda, ou porque o que xa é unha realidade no noso Concello, que as aldeas quedan cada vez máis despoboadas de nenos, e hai un nen@ por aldea o que dificulta que ó longo do período vacacional se relacione con outros nen@s.
Por todo o exposto, a Agrupación Socialista do Incio cre necesario o desenrolo de actividades extraescolares de carácter lúdico e deportivo, obradoiros de habilidades sociais, actividades de promoción da saúde, así como actividades dirixidas ao alumnado que presente dificultades no seu aprendizaxe, Etc. fóra do horario lectivo e a desenrolar no centro educativo do Colexio do Incio.
Os socialistas do Incio pediremos ó Concello que solicite ante a Consellería de Educación unha subveción para a apertura do centro educativo Ricardo Gasset e a realización de actividades extraescolares fóra do horario lectivo nel.
No hay comentarios:
Publicar un comentario