jueves, 26 de junio de 2008

OS SOCIALISTAS DO INCIO PIDEN QUE SE FOMENTEN AS ACTIVIDADES DIRIXIDAS Á TERCEIRA IDADE




O Concello do Incio é un municipio envellecido, que cada vez conta con un maior número de persoas maiores entre os seus veciños/as, a isto hai que engadir a residencia de terceira idade. É por iso, que dende a Agrupación Socialista entendemos convinte impulsar actividades que poidan incidir positivamente no seu benestar.
O Incio conta cun parque biosaudable, composto por diferentes equipos de ximnasia, que permiten manter a forma física e prever ou tratar doenzas ou lesións concretas. Diseñados para a práctica de exercicio físico de adultos a partir de 40 anos e que son especialmente recomendables para maiores de 60 porque lles permite mellorar a movilidade, aumentar a flexibilidade e tonificar a musculación de todo o corpo.
Sen embargo, e pese a contar cun parque biosaudable e con todalas ventaxas, xa enumeradas, que poderían beneficiar a un ampla porcentaxe dos veciños/as do Incio, as instalacións están baleiras e sen uso algún, debido a que non hai ningunha persoa experta que lles explique os nosos maiores a utilización das instalacións, nin o circuito, tempos, nin que os estimule para o seu exercicio, por exemplo, con xogos, actividades, Etc.
Por todo o exposto, PEDIMOS
Que por parte desta Alcaldía se solicite perante a Consellería de Cultura e Desenvolvemento Sostible a subvención pertinente a través da Orde do 20 de maio do 2008 para fomentar o uso das actividades deportivas encamiñadas á terceira idade, e poder contar cun monitor/a para ensinarlle os maiores o emprego dos distintos equipos de ximnasia do parque biosaudable do Concello, aproveitando que comeza a época estival, e para que unha vez, coñezan o circuito e os exercicios a realizar, poidan eles dun xeito autónomo seguir traballando na mellora da sua saúde o resto do ano.

No hay comentarios: