martes, 22 de julio de 2008

22 DE XULLO FEIRA NO INCIO


Hoxe fai un día soledado no Incio coincidindo coa feira que mensualmente se celebra no noso Concello.
A primeira hora do día xa estaban as tendiñas montandose, coma sempre ó redor da praza de Cruz do Incio. Non podían faltar os zapateiros, as tendas de roupa, as verduras, os xoguetes para os mais cativos, e como non podía ser doutro xeito, o posto que máis visitantes tiña, o vendedor de coloridos sombreiros para o verán.
As pulpeiras tampouco rezagaron, e baixaban afanosas os bancos, os caldeiros de pulpo, a carne para que estivera todo a punto para o xantar.
Pola maña cedo non había moita xente do Incio pola feira, só os máis madrugadores paseaban polos postos vendo as interesantes ofertas que ofrecían os feirantes, pero seguramente, co día de sol que fai, e ainda que desta vez coincidiu en semana, sexa moita á xente do Concello (e de fóra) que se animen a visitar a feira.

No hay comentarios: