Ao final da ruta de sendeirismo acondicionada recentemente en torno ao embalse de Vilasouto, no Incio, atópase a igrexa de San Mamede. Dende mediados do século XII, data na que foi construída, ata comezos da década dos setenta foi a igrexa parroquial de Vilasouto. Coa creación do encoro en 1969, o patrimonio histórico viuse afectado e o templo de San Mamede quedou un tanto descentrado, de aí que se levantase outra igrexa máis preto do núcleo de poboación. Coa nova igrexa, a de San Mamede perdeu o seu carácter parroquial e quedou en desuso.
Case corenta anos despois, o estado da antiga igrexa de Vilasouto é deplorable: o teito está caendo, as silvas soben pola fachada, o antigo material litúrxico está desaparecido, o chan atópase levantado e podre...
Pero o seu abandono non foi o único avatar que o templo de San Mamede soportou no século pasado. Reconstruído en varias épocas, en xuño de 1936 sufriu un importante incendio e foi restaurado nese mesmo ano. De orixe románico, conserva algúns elementos orixinais na súa rústica porta principal sen apenas ornamentación. Tamén conta cunha nave encostada do século XVI, separada da nave maior por un conxunto de arcos.
Actualmente non hai ningunha iniciativa que contemple a rehabilitación da igrexa.

FONTE: VOZ DE GALICIA
No hay comentarios:
Publicar un comentario